Programa especial que ofreceu a TVG antes e despois do último episodio de Serramoura que contou coa presenza do elenco e cunha sorpresa para os seguidores desta ficción, un grande éxito de audiencia na noite dos domingos dos últimos seis anos.
A Galega xuntou todos os actores de ‘Serramoura’, os actuais e os que xa desapareceron das tramas, para ver o último capítulo e compartilo cos seguidores da serie. Presentado por Alba Mancebo e Arturo Fernández contará con moitas anecdótas, lembranzas e, sobre todo, cunha gran sorpresa para todos os fans desta ficción.
Nos estudios da CRTVG en San Marcos reuníronse para a ocasión actores como Lucía Regueiro, Isabel Naveira, Alfonso Agra, Monti Castiñeiras, Tito Asorey, Miguel Canalejo, Sonia Méndez, Xulio Abonjo e Luís Iglesia. Tamén participan Fran Paredes, que lleu vida a Gonzalo Soutelo, o primeiro asasino de ‘Serramoura’, e que se reencontrará coa súa nai, interpretada por Uxía Blanco; Sheyla Fariña, que interpretaba a Álex, a filla faleci