O verán é tempo de festa e nunha boa festa galega non pode faltar nunca unha orquestra. Os galegos somos uns bos trouleiros e gústanos tanto unha orquestra coma un bo partido de fútbol. Nese sentido temos sorte porque no mundo da verbena e das orquestras sempre xogamos en primeira división.  Ademais de andar polos campos da festa, moitas das mellores orquestras do panorama galego visitaron os programas da TVG, así que o programa presentado por Lorena Sixto revive algunhas das súas actuacións. Por “A Superliga das Orquestras” pasan a Panorama, a París de Noia, a Olympus e moitas máis. O programa tamén sae á rúa para saber o que pensa a xente sobre elas, cales son as súas favoritas e como foron cambiando co paso dos anos  No programa pódese comprobar como cambiaron as orquestras ao longo do tempo. De feito, evolucionaron tanto que, ademais de cantar e bailar, algunhas xa incorporan espectáculos de luz e cor, proxeccións, pirotecnia e ata trapecistas. E tanto se renovaron que moitas de