Os candidatos ás primarias de Podemos Galicia confrontan ideas e proxectos na Radio Galega a tres días de que os inscritos escollan a nova dirección. Antón Gómez-Reino e Carolina Bescansa aspiran a liderar un partido forte que permita desaloxar ó PP das institucións nas próximas citas electorais. Malia as diferenzas evidenciadas durante a campaña, ámbolos insisten na necesidade de remar na mesma dirección a partir do día 25.Propiciar o cambio político en Galicia e aumenta-la representatividade en Bruxelas nas vindeiras eleccións do vindeiro 26 de maio. É o reto que se marcan Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino, os dous aspirantes a facerse coa dirección de Podemos Galicia a partir deste xoves, 25 de outubro.Quen saia escollido do proceso de primarias terá que decidir con que apoios e baixo que marca electoral concorrerán ós comicios. Ámbolos insisten en que a última palabra tena os inscritos pero esta mañá na Radio Galega ían fixando posicións.Tanto Carolina Bescansa como Gómez-Reino