Se queres ver as despedidas de todos estes anos. Preme aquí para ver as badaladas e todos os convidados que nos acompañaron. Acompañado nesta ocasión de Eva Iglesias, Xosé Ramón Gayoso é o mestre de cerimonias do “Especial Fin de Ano”. Partindo do tema “Despacito”, de Luis Fonsi, que foi unha das cancións que máis soaron en 2017, o programa xira arredor deses temas pegadizos que no seu momento marcaron época, como foron, por exemplo, “Mayonesa”, “Aquí no hay playa”, “Aserejé” e “Bailando”, entre outras moitas. Ademais de bailar ao son destes ‘hits’, podemos gozar da música de Marta Sánchez, dos dúos Ázucar Moreno e Los Chunguitos, do ex-compoñente de Tequila Alejo Stivel, de King África, de María Jesús e o seu acordeón, de Lérica e do ídolo xuvenil Calum. A música feita en Galicia está representada polas bandas de rock Astarot e Heredeiros da Crus, da agrupación folclórica Os da Porfía e de Treixadura, mítico grupo da música tradicional galega. Nesta festa de fin de ano, non podían