Se queres ver as despedidas de todos estes anos. Preme aquí para ver as badaladas e todos os convidados que nos acompañaron. A TVG despedirá o 2014 e daralle a benvida ao 2015 dun xeito singular, cunha gala que se vivirá a medio camiño entre Galicia e Portugal. Así, os mestres de cerimonias do programa, Xosé Ramón Gayoso e Silvia Jato, contarán coa colaboración da coñecida presentadora portuguesa Sónia Araújo. Ademais, por vez primeira vez na historia dos especiais de Fin de Ano da Galega, os espectadores tomarán as uvas dúas veces. Pouco antes das 12 da noite, Gayoso desprazarase á praza do Obradoiro, desde onde transmitirá as tradicionais badaladas. Pero iso non é todo, xa que, unha hora máis tarde, os espectadores galegos verán como reciben o ano os veciños portugueses. O emprego de uvas pasas non é o único que cambia con respecto á nosa Fin de Ano, xa que en Portugal teñen tradicións moi curiosas e divertidas nesta noite tan especial. A música portuguesa tamén estará present