Chegou o Nadal ao local social e as mulleres preparan algo especial, un belén vivente, xa que queren participar nun concurso e gañar un premio de 1.000 euros. Para comezar, necesitan que todas participen, pero non todas están polo labor. Sofía non quere facer un belén vivente e Marina non está de acordo co Nadal, pero entre todas lograrán convencelas para que accedan. Pero que se poñan de acordo para determinar o papel que cada un terá no belén xa será outra cousa.Para enredar máis as cousas, teñen que cantar unha panxoliña se queren gañar o concurso, pero, coma sempre, tampouco se poñen de acordo. Cada un quere cantar a que máis lle gusta, incluso Marina prefire o que non é nin panxoliña, polo que están a piques de acabar coa paciencia de Amparo. Menos mal que Carlota atopa unha que convence a todos.Deste xeito, xa o teñen todo: belén vivente, aínda que só con dous Reis Magos, e unha panxoliña. Pero falta o máis importante: o xurado. Sen el non hai premio, pero onde está o xurado?