Luisiño non pode estar máis triste coa marcha de Carlota para Madrid. Cando chega o novo peiteador, non pode conter a rabia e comeza a facerlle a vida imposible. Bruno, interpretado por Isi, está moi sorprendido, xa que no salón de peiteados non hai auga nin luz e de súpeto desaparécenlle todos os seus produtos. El non sabe nada, pero Luís está enfadado porque non quere que ninguén substitúa a súa Carlota. Cando descobre a sabotaxe, Bruno marcha chorando e afundido.Ademais da visita de Bruno haberá outra: a dun mozo que ten engaiolada a Amparo, interpretado por Ibon Uzkudun. Tena toliña, pero cal será a súa sorpresa cando vexa que o rapaz prefire falar con don Ricardo que con ela? Quen será este home tan guapo, misterioso e reservado? E, o máis importante, que o trae ao local social?