O Local Social acolle a celebración do primeiro concurso. Don Ricardo agarda que sexa o primeiro e o derradeiro, pero xa se encargará o grupo de amigas de que isto non sexa así, xa que o divertimento está por enriba de todo. Para iso, acompañarán o campionato cunha botelliña de licor café, que fará que as mozas non deixen de rir.O que non está contento é o pobre Luisiño, xa que chegou a hora de despedir a Carlota, que marcha para a capital. Aínda que diante dela fai que está contento para que se vaia tranquila, por dentro está cunha grande ferida na alma. Que vai facer sen a peiteadora? Don Ricardo dálle unha idea: que a vaia buscar ao aeroporto para dicirlle cousas bonitas e darlle un bico, pero é tan despistado que volta ao centro social porque non sabe en que aeroporto está.