Desprazámonos á cidade da Coruña e a Vilagarcía, para coñecer dous establecementos que traballan con xéneros que van do artístico ao exótico: Molduras Crispe, un comercio de belas artes, e Pajarería Rodri, unha tenda de mascotas. Tanto Cristina coma Pedro, os dous propietarios, consideran que xa é hora dunha boa remodelación, e para afrontar ese cambio, chamaron a Escapárate. Clara atópase cun reto complicado en Molduras Crispe: dous escaparates enormes, ateigados de cadros, pinturas, marcos e materiais. A expresión artística “horror vacui”, que significa literalmente medo ao baleiro, sería a mellor forma de describilo. Resulta complicado atopar un oco sen nada. O conxunto é recargado e pouco harmonioso, algo que non debería transmitir unha tenda de belas artes. Mentres Clara trata de sintonizar os soños de Cristina, o seu contrincante, o interiorista Daniel Pérez, diríxese cara a tenda de paxaros e paxareiras de Rodri, un negocio familiar que xa pasou por tres xeracións, e que na sú