Esta semana a equipa de Dani estará en Ferrol para transforma-lo escaparate da tenda de cómics Metrópolis, un comercio pioneiro en vender este tipo de entretemento na cidade. Este templo das historietas e artigos para coleccionistas abriu no 2004 da man de dous irmáns xemelgos que decidiron transformar a súa afección polos cómics na súa forma de vida.  O equipo de Clara terá a misión de remodela-lo escaparate de Marilyn, unha curiosa tenda de roupa e corsés que homenaxea a esencia de Marilyn Monroe en pleno centro de Pontevedra.Os vestidos, os corsés e os accesorios son os protagonistas deste comercio comandado por unha muller valente que tras moitos anos de éxito dedicados á industria do automóbil, decidiu dar un cambio á súa vida poñendo en marcha este proxecto.​