Esta semana a equipa de Dani estará en Ferrol remodelando o escaparate dunha tenda de roupa de vestir chamada MEN. O seu actual propietario, Fernando González, antes fora empregado desta tenda pero decidiu dar un paso adiante e facerse co negocio fai xa dous anos. Dani enfróntase a un escaparate excesivamente convencional, o normal nunha pequena tenda de roupa para home. Esta composición resulta aburrida, a vista pérdese no interior da tenda debido a falta dunha traseira, o conxunto non logra chamar a atención. A equipa de Clara estará en Santiago de Compostela, a súa misión será tamén transformar outra tenda de roupa algo máis informal, SINTIMONES, que está especializada en bañadores e roupa interior para home. O seu impaciente propietario, Javier Barciela, non ten tempo que perder. Clara Copena, chega máis desafiante do habitual, pois por unha parte está a sufrir presións desde a dirección deste programa e ademais perdeu contra o Interiorista Daniel Pérez nos dous primeiros Escapara