Esta semana a equipa de Dani estará en Sanxenxo gozando do verán. En pleno mes de xullo remodelarán o escaparate dunha libraría-kiosco que tamén vende material escolar e de oficina, Libraría Vidal. O seu propietario, Juan Lorenzo, traballa como unha formiga durante o verán pra resistir ben no inverno e conta coa axuda dunha alegre dependenta, Olga Míguez. A equipa de Clara estará en Monterroso. A súa complicada misión será a de transformar o escaparate da Ferretería Pascua, un lugar que no que se pode mercar desde un fío de arame, sombreiros, viño, unha botella de aceite ou ata un queixo. Ó mando desta polifacética ferretería está a súa dona Berta Fernández.