Esta semana a equipa de Dani Pérez estará na Coruña para transforma-lo escaparate da segunda tenda máis antiga da cidade: a Droguería Villar, que abriu as súas portas hai 192 anos. Este negocio xa viu medrar ata 7 xeracións dunha mesma familia ó redor do mostrador. O interiorista Daniel Pérez quere coñecer máis a persoa que o rexenta na actualidade, Juan Villar. Esta droguería vende milleiros de produtos, polo que centrarse nun só tema non resulará doado. O equipo de Clara terá a misión de remodela-lo escaparate de PATAPÚM, unha tenda de xoguetes e produtos infantís que puxeron hai pouco en marcha dúas mulleres emprendedoras de Vigo. Xoguetes para nenos baseados na aprendizaxe, a sostibilidade e o respecto; fundada por dúas nais con espírito emprendedor hai pouco máis dun ano. As súas fundadoras coñecéronse xa embarazadas compartindo a mesma matrona, e xuntas decidiron cambiar por completo as súas vidas pra ter máis tempo pra dedicarlles ós seus propios fillos.