Esta semana a equipa de Dani Pérez estará en Vigo para remodelar unha tenda das que xa poucas quedan, ELEPÉ, que vende vinilos e cedés. O complicado negocio da venda de música mudou por completo nos últimos dez anos. As plataformas de distribución por Internet fixeron que as tendas físicas fosen desaparecendo. Hai quen segue apostando por este tipo de comercio para gusto dos melómanos. Un deles é Suso Hidalgo. Resulta complicado diferenciar o escaparate de ELEPÉ dunha mesa repleta de discos e vinilos das que hai no interior da tenda. Ademais de ser demasiados para chamar a atención, non logran resaltar o carácter musical desta tenda. O espazo carece dunha iluminación que realce o seu contido, e dunha selección dos produtos a expoñer Loitarán contra o equipo de Clara Copena, que se trasladará ata Noia. A súa misión será a de transformar o escaparate de ASTILBE, unha colorida florería comandada pola familia de María José Pardal. Ela sabe ben cal é o segredo para que un negocio prospere