Xa chegamos á derradeira semana deste programa, despois de remodelar 18 (dezaoito) escaparates, axudando a potenciar o pequeno comercio de Galicia. Hoxe, remodelaremos os escaparates das últimas dúas tendas. Por unha parte, facendo un reconto, o equipo de Daniel gañou ata o de agora a competición en 7 dos 9 programas anteriores. Superou con vantaxe a súa rival, conseguindo uns fantásticos resultados en Comercial Julio Tojo de Santiago, na tenda de mascotas Rodri de Vilagarcía, na librería Vidal de Sanxenxo, na droguería Villar da Coruña, na Moda d'Abaixo en Pontevedra, na tenda de cómics Metrópolis de Ferrol e na tenda de roupa de moda curvy O’Prenda, do Barco de Valdeorras. E por último, esta semana, como broche final, traballarán no enorme escaparate da tenda de decoración e accesorios para o fogar Essenzial Home, situada no Grove. Loitarán contra o equipo de Clara Copena, que na súa batalla durante os pasados programas, gañaron en dous escaparates dos nove que le