A aposta polo humor á galega de “Era visto!”, un xeito diferente de achegar ao público unha comedia familiar alternativa á ficción tradicional, preséntanos novas historias de personaxes orixinais sacados do universo rural galego. O protagonista, Moncho, é un pai de familia optimista pero desbordado, casado e cun fillo, que vive nun chalé solitario a medio facer ao pé dunha estrada comarcal e que se confesa diante da cámara. A pesar de que as escenas humorísticas están salpicadas de sátira sobre tópi...