No capítulo de hoxe coñecemos a dúas mulleres que dedican a súa vida ao Xornalismo Ana Pardo de Vera, fundadora de Diario Público en 2007, e Lara Graña, Redactora Xefa do xornal Faro de Vigo. Ana Pardo de Vera naceu en Lugo hai 47 anos. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e, posteriormente, fixo un Máster en Medios de Comunicación. A longo da súa traxectoria escribiu en Diario 16, La Voz de Galicia, Tiempo ou El siglo de Europa. E colaborou con diferentes radios e televisións. Durante o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero foi asesora de Comunicación en catro Ministerios: Defensa, Industria e Comercio e Vicepresidencia de Política Territorial. Unha etapa complicada, pero da que se sinte unha privilexiada. No 2007 participou na fundación de Diario Público e dirixiuno entre 2016 e 2019. Na actualidade, colabora en varias radios e televisións e escribe para Diario Público. Acompañamos a Ana nun día das súas vacacións en Pobra do Caramiñal, onde desfruta os veráns xunto ao seu marido,