No programa de hoxe coñecemos a dúas mulleres que dedican a súa vida ao labor social, cada unha nun ámbito diferente, pero os dous totalmente necesarios para axudar a quen máis o necesita. Chus Iglesias ten 65 anos e é o alma mater da Asociación PALUSO, en Santiago de Compostela, que axuda a persoas en situación de vulnerabilidade repartindo alimentos e roupa. As siglas da asociación corresponde aos nomes dos seus fillos: Patricia, Luis e Seoana. Desgraciadamente, Patricia faleceu nun accidente de coche cando tiña 18 anos. Unha traxedia que marcou a vida da familia, que no primeiro Nadal decidiu que ninguén ao seu arredor pasaría as festas en soidade. E xa van 26 anos celebrando cada ano unha cea de Nadal solidaria. Os primeiros 15 anos foron costeados pola familia. Na actualidade, a asociación sen ánimo de lucro está financiada con medios propios e achegas de veciños e empresas colaboradoras. Chus axuda coa súa asociación aproximadamente a 800 persoas. Dende hai un tempo, Chus loi