No capítulo de hoxe coñecemos a dúas mulleres valentes que apostan por desenvolver novos oficios: A organización profesional e a biotecnoloxía alimentaria. Vanesa Travieso ten 46 anos e foi a primeira española en formarse con Marie Kondo, a gurú da organización profesional. Un oficio con máis de 40 anos de historia en Estados Unidos, pero que en España emerxe dende hai uns 5 anos. A vida de Vanesa cambiou cando en 2016 cando alguén lle regalou “A Maxia da Orde”, de Marie Kondo. Sentiuse totalmente identificada coa lectura porque dende pequena sempre lle chamou a atención a orde. Así que, chegou un momento no que decidiu dar un xiro á súa vida e converterse en organizadora profesional, despois de 17 anos traballando nunha empresa americana do sector sanitario. Vanesa axuda aos seus clientes a recuperar o control dos seus fogares e das súas vidas, a través das técnicas deste oficio, que cada vez ten máis seguidores. Vanesa vive entre Vigo e Barcelona para conciliar a súa vida profesio