No programa de hoxe coñecemos a dúas mulleres de éxito internacional, que proveñen de ámbitos totalmente diferentes: o audiovisual e o científico máis tecnolóxico. Emma Lustres é a Directora e Produtora Executiva de Vaca Films, unha produtora que creou hai 14 anos xunto ao seu socio e marido, Borja Pena. Dende a súa fundación, consolidouse como unha das produtoras referencia en España desenvolvendo proxectos destinados ao ámbito nacional e internacional. O seu primeiro gran éxito foi a película “Celda 211”, dirixida por Daniel Monzón e protagonizada por Luis Tosar. Unha produción que lle abriu ás portas ao mundo e que gañou 8 Premios Goya. Na actualidade, Emma Lustres está inmersa en varios proxectos moi ambiciosos, como a película “Proxecto Emperador”, dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Luis Tosar. Ademais de varias series para diferentes plataformas nacionais e internacionais. A nosa segunda protagonista é Tatiana López, fundadora e CEO de Nanogap. Unha empresa que nac