No capítulo de hoxe coñecemos a dúas mulleres valentes que dedican a súa vida á Sanidade, dende a Medicina e a Enfermería. Dolores Vila ten 68 anos e é a Xefa de Medicina Intensiva e da UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo. Un posto que acadou aos 60 anos, despois de toda unha vida dedicada á primeira liña da Sanidade. Viviu a creación de tres hospitais, dous deles en Galicia, e toda a pandemia. O máis duro da súa especializade é a situación crítica na que están os pacientes, tendo que vivir en todos estes anos días inesquecibles, pero recoñece estar feliz e orgullosa da súa elección. Acompañamos á Dra. Vila nunha xornada no hospital, onde o que máis lle preocupa é que haxa camas suficientes para os pacientes da UCI e que o seu equipo traballe contento. A nosa segunda protagonista é Yolanda Moares. Ten 34 anos e é Enfermeira de Familia e Comunitaria. No 2020 traballando na primeira liña sanitaria da pandemia converteuse nunha das protagonistas da vacinación da Covid 19, ao ad