No capítulo de hoxe coñecemos a África González, Catedrática de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo. A súa paixón e inquedanza por coñecer as bases das enfermidades, levárona a especializarse en inmunoloxía. En 1996 incorpórase á Universidade de Vigo, creando a primeira área de inmunoloxía das universidades galegas. Foi Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CIMBIO) de 2009 a 2019. É membro da Real Academia de Farmacia de Galicia e foi a segunda muller presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía. Grazas ao apoio incondicional do seu marido, que renunciou á súa carreira profesional para que ela puidese medrar, chegou ata onde está hoxe. Na actualidade, lidera un grupo de investigación de 15 persoas, que traballa na resposta inmunitaria, inmunolóxica básica e aplicada, e no desenvolvemento de vacinas que poidan axudar a erradicar enfermidades infeccionasas, como a tuberculose. Tamén emprega nanovacinas para terapias de cancro. Acompañamos a Áfri