Pilar Martínez traballa como médico pediatra no Centro de Saúde Rosalía de Castro de Vigo. A piques de xubilarse contaranos como é o seu día a día e coñeceremos a súa faceta máis solidaria, xa que é fundadora da ONG Daman que desenvolve o seu labor no Senegal. No Hospital de Montecelo de Pontevedra, a anestesista Marina Varela, descubriranos que a área do anestesista estendese dende o preoperatorio, onde se realiza unha proba para ver se o doente pode someterse á operación, pasando pola intervención e a reanimación, logo de saír do quirófano. Con ela visitaremos a sala onde se reúnen para avaliar cada paciente. O doutor Vázquez Estevez é xefe da área de oncoloxía do HULA. Contaranos os últimos avances na detención do cancro a traveso dos análises de sangue. O doutor Antonio Pose Reino, médico internista no CHUS en Santiago, acompáñanos pola área onde desenvolve o traballo e visitaremos o seu despacho onde nos contará as diferentes casuísticas que se poden dar na súa especialidade.