Ante as ganas de Lucía de ir ó Caribe para aumentar os seguidores da súa canle, Adela asegúralle que seu pai lle pagará a viaxe, cousa á que Moncho non é quen de negarse. Aproveitando a ausencia de Sara, que marcha visitar a unha tía enferma, a Manolo, Moncho e Pianista ocórreselles usar o ximnasio coma pub polas noites. Moncho consegue convencer a Marcos asegurándolle que mentres funcione coma pub poderá vender moitos dos batedores para facer zumos de froitas que está a comercializar. A inauguración é un éxito.