Os espectadores da serie ‘Do Dereito e do Revés’ verán esta semana como a chegada dunha multinacional chinesa podería deixar moitos cartos na vila. En especial na conta de Sara, xa que aseguran que todos os seus executivos van acudir ao ximnasio. Isto é o que cren todos, pero o que non imaxinan é que polo medio andan Moncho Patiño e Pianista, especialistas en, dito dun xeito suave, realizar calotes coma unha casa.