Moncho, Pianista e Manolo traman un plan para estafar ó cura don Hilario cunha falsa herdanza. Usan un colar dunha colección de bixutería barata que está a vender Marcos para facer pasalo por verdadeiro. Para isto, Manolo disfrázase de perito e fixa o seu prezo en 50.000 pesetas, pedíndolles eles ó cura 25.000 pesetas en troques de quedar con el. Grazas a unha entrevista que Lucía lle fai a Marcos para o seu blog co obxectivo de axudar á súa nai e que Marcos doe uns reloxos para sortear entre os clientes do ximnasio, Adela descobre que se trata dun colar falso e alerta a don Hilario. Moncho, que está a ser gravado pola súa filla como avogado de prestixio (pero realmente en troques de terlle comprado a Lucía unha cámara nova), non ten máis remedio que asinar un cheque en favor da igrexa para non quedar coma un estafador diante de todos.