Ante o éxito do seu negocio inmobiliario, Adela precisa dun axudante. Precisamente Homero, un bo amigo de Lucía, está á procura de traballo, e a rapaza cre que se trata do candidato ideal. Porén, Moncho quere ser quen lle procure un traballador á súa nai, ou máis ben, un escravo ó que poda explotar coma empresaria. Ó tempo no ximnasio, Pianista pídelle un aumento a Sara, que llo nega por non ter con que pagarlle, xa que hai meses que non recibe a renda de alugueiro de Moncho. Xunto con Pianista, o avogado pensa en estafar a Sara facendo que un dos clientes do ximnasio teña un accidente, e logo reclamándolle no seu nome unha indemnización. Ó que escollen coma cabeza de turco é a Homero, o amigo de Lucía que vai facer un recado ó ximnasio. Provócanlle ó rapaz unha caída leve e logo inventan que está hospitalizado. Pero Sara xa está sobre aviso da estafa grazas a Lucía e a Homero, e a Moncho non lle queda outra que pedir un empréstamo ó banco para pagar o alugueiro. O mozo, pola súa par