Como cada sábado, o proxecto “Destino Santiago” amosa os mellores momentos de Lucía Pérez e Tonhito de Poi no Camiño, aos que se pode seguir en streaming de 8.00 a 20.00 h. a través da web www.destinosantiagotvg.gal. Os artistas chegan ao Cebreiro, a primeira parada en Galicia, onde foron recibidos pola Real Banda de Gaiteiros de Ourense. Durante os seguintes  días os protagonistas do espazo gozaron de visitas sorpresas. Ata Triacastela, Lucía e Tonhito estiveron acompañados por uns corredores de rally, os irmáns Vallejo, e na etapa entre Sarria e Portomarín, camiñaron xunto a Adrián Díaz de “Larpeiros”, nunha xornada moi especial, xa que ao final do día os artistas deron un concerto na vila do seu convidado. Nos seguintes días tamén recibiron a visita da actriz Isabel Risco, o larpeiro don Benigno e a xornalista María Solar. Ademais, na xornada de descanso en Arzúa, e coincidindo coa celebración dos 25 años de traxectoria na TVG, Xosé Manuel Piñeiro acompañou os protagonistas nunha r