Desmontando Galicia céntrase no papel dos pazos na sociedade galega e a súa relevancia, fundamentalmente entre os séculos XVII e XIX. Percorremos algunhas das edificacións máis emblemáticas da nosa paisaxe e do noso Patrimonio, cun carácter señorial inconfundible. Campesiños, funcionarios, fidalgos pasaron por eles e encheron as súas estancias e xardíns de historias que hoxe desvelaremos da man de Isabel Blanco e Diana Nogueira.