A súa localización privilexiada á boca da Ría de Vigo fixo de Baiona un dos enclaves máis interesantes estratexicamente falando do sur de Galicia. A vila pontevedresa atesoura unha historia da que poucas vilas poden presumir. O seu sistema defensivo creceu ao longo dos séculos para protexela de piratas e invasións. Hoxe é un patrimonio de gran interese turístico e Segredos, Desmontando Galicia chega para non deixar unha pedra en pé.