Couzadoiro son dúas parroquias que traballan como unha e sitúase no interior de Ortigueira. Nela a "asociación de veciños e veciñas" traballa incansablemente por poñela en valor e, as súas olimpiadas rurais, xa son coñecidas mundialmente. Os desertores deste capítulo son Mara e Tobias, alemáns que restauraron unha vivenda e agora venden pan ecolóxico na feira do concello cada semana.