Castro de Rei é un concello de 5.000 habitantes pero na parroquia que lle dá nome son 120 persoas. Coñeceremos ás persoas que poñen en valor a parroquia a través da asociación e dun cura que fixo moito por Castro de Rei. Coñeceremos máis sobre o Castro de Viladonga, estaremos pola feira quinquenal da parroquia e coñeceremos as nosas desertoras: a bibliotecaria e Carmen a mestra. Ademais Rocío irá a coñecer unha antiga mina con dous personaxes entrañables que lle explicarán todo o que facían.