Neste capítulo, os expertos analizan a información na rede e como se pode separar o gran da palla. Na sección “Nan@s”, os máis cativos tentan diferenciar un disco de vinilo dun frisbee e, pola súa banda, as youtubers Katu e Chus entrevistan o grupo de música DeVacas a través de Skype. A sección “I+D+i” está dedicada ás enerxías renovables e a un proxecto galego que cambiará a forma de obter enerxía en todo o mundo.