Coñecemos “O Pescador”, en Carballo, onde o viño non só se vende en cuncas. Tamén “A Lareira de Sabela”, unha pequena casa antiga reformada e reconvertida en restaurante. En Celanova recíbenos Moncho en “O Tellado unha das tabernas máis antigas da vila. E camiño de Baamonde coñecemos a Xoán Corral, o peculiar rexente do “Restaurante Galicia”.