Neste programa de hoxe percorremos outros catro establecementos hostaleiros da nosa xeografía. Dende unha lendaria taberna en Vigo, moi frecuentada por pintores e intelectuais, ata unha tapería de Xinzo onde é posible que salgas aprendendo a tocar a gaita.