Percorremos Galicia polos catro costados en busca de peculiares establecementos hostaleiros. Dende un asador onde se pode comer carne de crocodilo rodeado por unha decoración kitsch que sorprenderá aínda máis que a carne do réptil, ata un bar que se converteu en parada obrigada de ciclistas afeccionados á hora de repoñer forzas nas súas rutas entre Vigo e A Guarda.