"Criaturas" será testemuña hoxe dos avances médicos e tecnolóxicos no rural, pois tamén ao medio natural chegan as últimas aplicacións en materia científica, como por exemplo o caso que se recolle, en que se comprobará como se fan diagnósticos dixitais "a domicilio" para cabalos. Noutro campo, desde Chantada (Lugo), o programa seguirá as pegadas dun gandeiro e as súas vacas para ver como viaxan á exhibición da marca "Rubia Galega" que se desenvolve en Silleda, feira cara a onde se dirixen para concursar un ano máis nesta categoría. Doutro lado, o programa, da man do seu presentador Alejandro Macías, comprobará tamén as dificultades que atopa Ana para levar os seus esquíos (Chip e Chop) ao veterinario e os esforzos que realiza para conseguir un desenlace feliz. Na ventá aberta para que os famosos presenten as súas mascotas, hoxe será a larpeira Loliña quen nos amose outros dous lambóns, a cadela Telma e o gato Perla. Na enquisa que o programa realiza na rúa preguntarase "Algunha vez pre