"Criaturas" achégase a diferentes protectoras de animais para coñecer en vivo como é o día a día deste tipo de organizacións, que teñen ao seu cargo a importante función de coidar e protexer estas criaturas. Doutro lado, o programa asistirá a unha clase de estética e de manexo do gando, que vai estar impartida polos mesmos gandeiros, e vai coñecer tamén unhas criaturas rebeldes, o ourizo e o furón, que non lles gusta a sesión de baño e que non teñen trazas de querer achegarse ao veterinario. Na fiestra á que se asoman os famosos para presentar as súas mascotas o programa recibe o actor Chisco Amado, que deixará por uns intres o seu papel de malo na serie "Libro de Familia" para visitarnos co seu cabalo. Na enquisa que se realiza nas rúas, o equipo do programa preguntará á xente se sabe "onde ten o belfo o cabalo?"