"Criaturas" realizará un seguimento moi preciso de cales son as necesidades para poder ter réptiles na casa, con máis razón se cabe dada a demanda crecente de mascotas exóticas para levar aos fogares. Volvendo ás experiencias a pé de campo, o programa asistirá á intervención do cabalo Cantinero, a quen as súas patas dianteiras lle están a causar serios problemas para camiñar e que de non operalas a situación podería empeorar. Doutro lado, o programa coñecerá como é a nova vida de dous cans sen fogar, Ramita e Bobo, que comezaron a vivir cunha familia para ver se teñen mellor sorte a partires de agora. No apartado de famosos con mascota hoxe asomarase, desde a máis pura cociña, a larpeira Cruz Armada, que nos vai presentar o seu can Golfo. Na enquisa na rúa, o equipo do programa preguntará cantos grilos fan falla para comer unha leituga nunha hora?