O programa que tende pontes entre o reino animal e o das persoas vaille encomendar ao seu presentador, Alejandro Macías, que amose o que leva aprendido durante este tempo de traballo, e así o someterá á proba de axudar a castrar un cabalo chamado Cuco. Pero o programa tamén coñecerá de primeira man a historia dun can guía, a cadela Zari, amosando como é a súa vida, os coidados que require, en que consiste o seu traballo e os problemas que atopa para entrar nalgúns establecementos, a pesar da responsabili...