"Criaturas", irá hoxe de pastoreo cun cabreiro moi especial, un angolano que sobe todos os días ao monte as ovellas e as cabras dos seus veciños. O espazo presentado por Alejandro Macías coñecerá tamén o cadeliño Chispa, que é quen de superar o quirófano aos seus anos e cos problemas que padece de corazón. Outras temáticas do programa virán da man do cabalo Sol que nos levará ata unha gran celebración, xa que "Criaturas" irá de voda. Ademais, a presentadora e cantante Belén Xestal visitará o programa con todos os seus cadeliños. Na enquisa que realiza nas rúas, o programa preguntaralles aos galegos "cantos dedos ten un cabalo?"