"Criaturas" acompaña unha das tarefas agrícolas aínda insubstituíbles, como é ir coller por Galicia adiante herba para o gando, e así o poderemos ver e comprobar este domingo en que o presentador do espazo, Alejandro Macías, colaborará nesta actividade, coa axuda dun burro moi tranquilo. Unha das visitas que realiza o programa, ao zoolóxico de Marcelle que acolle animais salvaxes, porá de manifesto o risco en que están algunhas especies, como o caso do lince, cuxa agresividade está a complicar a súa convivencia e integridade física polo seu propio comportamento.Outro dos casos que está a seguir o equipo do programa é o do can Lork, que padece un cancro en estado avanzado polo que se verá se é posible albergar algunha esperanza de vida con esta doenza. Na sección de famosos con mascota, hoxe asómase o actor, reporteiro e humorista galego Rafa Durán, que presentará no programa a súa tartaruga "Concha". Dende a enquisa das rúas, o programa preguntará en Vigo se saben por que choran os cro