O programa do reino animal e da súa relación coas persoas lévanos esta semana a coñecer unha casa moi especial que hai en San Cibrao, onde habitan ponis, un cento de aves, tamén ovellas e ata avestruces do máis mansas, coas que incluso se atreverá a convivir por un momento o presentador do espazo, Alejandro Macías. Na feira de Castro de Rei, o programa atopa con Chus e Carlos que andan na procura dunha vaca leiteira para a súa explotación, pero claro, esa é tamén a intención do resto dos gandeiros alí c...