O presentador do programa centrado no mundo animal e no das mascotas, Alejandro Macías, porase a proba como amigo deste reino pero tamén como reto profesional, ao enfrontarse esta semana a un verdadeiro exemplar salvaxe, xa que o poderemos ver diante dun tigre de grandes dimensións, cara a cara, sen trampa nin truco. Outra versión dos retos deste programa será facer o Camiño de Santiago cuns peregrinos moi especiais, o burriño Jesulín e o can Rufo, que se atoparán con máis dunha dificultade no traxecto...