O programa centrado no reino animal e na relación dos humanos coas súas mascotas compartirá un dos mellores momentos do día cuns moniños moi particulares, uns rebuldeiros e outros un pouco escorregadizos... pero tamén coñeceremos a Chispita, unha pobre cadeliña que ten unha lesión nun xeonllo, para descubrir a gravidade e se será quen de recuperarse. Doutro lado, Diego e mais a súa egua Cubana enfróntanse nunha competición de andadura galega aos xinetes máis profesionais; mentres que no tempo dedicado a...