"Criaturas", programa dedicado á vida animal e ás relacións dos humanos coas súas mascotas, entra por primeira vez nunha operación de peso, da man do seu presentador Alejandro Macías, que se ve involucrado nunha intervención cirúrxica realizada coa máis alta tecnoloxía: trátase dun cabalo con problemas nas dúas patas dianteiras. Doutro lado, coñeceremos a Lía, unha cadeliña de 10 meses que traballa no "Centro Amencer" con rapaces con parálise cerebral, en quen o programa se fixará para comprobar se esta peculiar terapeuta é quen de estimular os rapaces. O espazo tamén conta hoxe coa colaboración do presentador Juan Fuentes, que realiza esta semana unha "ruta" especial para o programa e, noutro escenario, o programa visitará unha granxa de caracois para intentar descubrir que é o que leva a alguén a fixarse nestes pequenos e redondos bichiños... En canto á enquisa que o programa realiza polas rúas para comprobar o grao de coñecemento da xente, hoxe será sobre que significa ser un can ce