Esta semana, o programa Criaturas visitará animais de peso. Achegarase co presentador Alejandro Macías ata unha das granxas de búfalos que hai en Galicia. Coñeceranse as súas peculiaridades e os seus coidados. O espazo irá tamén ata o Incio a coñecer dous bois de campionato. Luís ten dous bois de carga que comprou en Navarra hai 5 anos por un capricho. O seu obxectivo é vendérllelos aos vascos cando estean adestrados para que eles os empreguen nos concursos de tiro; pero, mentres tanto, Luís goza levánd...