'Criaturas', o espazo da Galega que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, asistirá esta semana a clases de pastoreo para cans, onde os nosos protagonistas se converterán nuns expertos para conducir rabaños. Os espectadores do programa presentado por Alejandro Macías tamén poderán presenciar unha loita de titáns: Nosy e Sambava, dous camaleóns que terán que desenfundar todas as súas armas de sedución para conquistar o seu novo amor. E, ademais, 'Criaturas' viaxa a Portu...