O programa que se preocupa polo reino animal e da relación das persoas con el viaxa esta semana ata o núcleo zoolóxico de Marcelle, en Outeiro de Rei (Lugo), para seguir de preto o proceso de adaptación dos seus novos inquilinos: dous lobos ibéricos. Pero tamén asistirá á rapa das bestas de Torroña, en Pontevedra, para saber se Manolo é quen de localizar e capturar no monte a súa besta Neghra e á súa poldra Catro para marcalas e desparasitalas; e doutro lado veremos se Truco, un canciño xa algo maior, é...