Mentres os porcos vietnamitas chegan a Cerponzóns, 'Criaturas' desprázase tamén a Vigo, para axudar a coidar unha colonia de gatos, deses para os que case ninguén mira porque naceron na rúa. Neste aspecto, a asociación 'Ágata e Marisa' (unha veciña viguesa) fai o posible para que estas criaturas sobrevivan porque parte de que os animais tamén teñen dereito á vida. No tocante ao lado humano e tenro dun personaxe coñecido, o programa achégase hoxe ao actor e humorista Ricardo de Barreiro, quen lle vai p...